Imprimir 

Plataforma Galega pola Terceira República e Comité Galego do PCE (m-l)

As empresas que controlan a enerxía no Estado español, propiedade do capital financieiro nacional e extranxeiro, continúan a facer do que debera ser un servizo público un negocio intolerabel que non só expolia nas facturas ás familias traballadoras e á pequena e mediana industria, senón que ademáis continúa a recibir cuantiosas axudas económicas de fondos públicos para garantir as maiores taxas de beneficio posibles.

O actual Goberno do Estado, co aplauso da dereita política e económica, non toma ningunha medida real para evitar o negocio do capital coa enerxía eléctrica e gasística. A coalición e os seus socios minten, xa que na oposición falaban de querer solucionar este asunto, e xusto cando chegan a gobernar fan o contrario, complacendo ós oligopolios que marcan a folla de ruta neste sistema.

Sendo esta situación de abuso contra o pobo gravísima en todo o Estado (so hai que ollar o caso de abandono e maltrato das institucións cara á Cañada Real), no noso país a situación xa é aínda de máis escarnio si temos en conta que Galiza é productora excedentaria de enerxía eléctrica. Para a esquerda que o é de verdade só cabe unha solución que resolva definitivamente o problema e que remate co oligopolio do capital nun sector que nun ca debeu caer en máns privadas: a nacionalización.

Pero os feitos demostran que só acadaremos ese obxectivo, como outros que son vitales para o pobo traballador, si rematramos co poder da oligaquía e das forzas políticas que serven o seus intereses, conquistando a República.