Imprimir 

Os traballadores/as de ALU IBERICA (antiga fábrica de ALCOA en A Coruña) levan dende o día 26 de Decembro en Folga tanto para esixir a nacionalización da Empresa como para impedir o despido dunha traballadora. A dirección da Empresa tamén inicióu un exepdiente sancionador contra catro membos do Comité de Empresa.

Lembremos que este centro de traballo é hoxe propiedade dun grupo de capital risco con sede en Ucrania, e que  fói vendido por ALCOA nunha operación tan claramente especulativa, que a propia Audiencia Nacional tivo que admitir a trámite unha querella do Comité de Empresa para investigar esa operación, que tamén afecta á fábrica en Avilés. A día de hoxe, non hai nada dos compromisos dos compradores para garantir un plan industrial e de consolidación do emprego.

Nos felicitamos pola recente Sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o ERE de extinción de contratos dos máis de 500 traballadores/as da planta de ALCOA en San Cibrao (Lugo), sentencia que resalta a  mala fe da dirección da empresa, que quere  pechar a fábrica só por motivos internos de reorganización e deslocalización da producción e cun único obxectivo, aumentar os beneficios.

A loita e a presión na rúa van dando froitos na fronte xudicial; pero todas estas maniobras das empresas implicadas para, entre outras cousas, esquilmar diñeiro público, estánse a facer sin que o Goberno do Estado nin a Xunta de Galicia fagan algo que realmente protexa a industria nacional e os postos de traballo.

Reiteramos a nosa opinión de que é necesario un amplo frente sindical, político e social que unifique as loitas obreiras e populares, cun programa reivindicativo RESPALDADO COA SUFICINTE FORZA  para obrigar ao goberno e ao capital a facer concesións, e que vaia máis aló, na loita polo cambio de réximen.

PCE (m-l)

Comité Galego