Imprimir 

A asemblea de delegados/as da Federación de Industria de CCOO na comarca de Ferrol acaba de aprobar unha resolución para propoñer unha FOLGA XERAL nesta comarca de Galiza, que padece unha situación sociolaboral tan grave que na referida resolución calíficase acertadamente de "non retorno":

Peche constante de empresas, en nos casos de POLIGAL e GAMESA motivado só pola decisión dos seus propietarios de deslocalizar a producción noutros estados, despóis de embolsarse axudas e subvencións millonarias...; despidos  masivos nas empresas "auxiliares" dos  astaleiros pola renuncia a recuperar a construcción naval civil e a falla de pedidos na militar; peche da central térmica de ENDESA sin plan algún de creación de emprego alternativo; xeneralización da precariedade nos contratos de traballo, salarios baixos, pensións escasas, perda continuada de poboación e emprobrecimento xeral da mesma...

A FOLGA XERAL está máis que xustificada; agardemos que en breve se cheguen aos acordos necesarios para concretar a súa convocatoria. O día 17 de DECEMBRO haberá un paro de 2 horas pola mañán en tódolos sectores e unha acción de protesta na rúa.

Pero creemos pertinente facer algunhas consideracións:

1º)  Dende os anos de loita contra a mal chamada reconversión industrial dos gobernos de F. González, ate a última gran folga xeral comarcal de Xuño de 2013, sendo presidente do Goberno un tipo como Rajoy, son varias  décadas con grandes movilizacións en Ferrolterra que sin embargo non acadaron os seus obxectivos. As xentes traballadoras, en Galiza e no conxunto do Estado, sempre respostamos á chamada da loita, pero TODOS/AS AGARDAMOS que non se nos convoque só para un mero exercicio de postureo e protesta que só obtén como resposta  meras declaracións de intencións que se difuminan no tempo.

Lamentablemente sabemos moito diso, polo que agora facemos balance e ESIXIMOS que se tomen sin máis demora  medidas lexislativas e económicas  que satisfagan as nosas reivindicacións: potenciar  a construcción naval civil; diversificar a industria e desenvolver a I+D en tecnoloxía propia; impedir o peche de empresas cos medios legáis que  hoxe existen e cos que sexa necesario aprobar para intervir a propiedade e continuar a producción; modernización e construcción de infraestructuras necesarias para a producción de bens de equipo e manufacturas, e  para o seu transporte rápido e barato, así como os das persoas, con especial atención ao ferrocarril e á eliminación de peaxes na autopista; sin perxuizo de crear a necesaria banca pública, obrigar de xeito inmediato aos bancos "rescatados"  a que destinen os seus activos a facilitar créditos sin usura para proxectos que creen emprego e non sirvan a ningún tipo de especulación financieira; promoción de vivenda social; mellora de servizos públicos e do emprego nos mesmos, con especial atención á sanidade e aos servizos sociosanitarios e de asistencia social;  voltar ao dereito á xubilación aos 65 anos, á xubilación parcial con contratos de relevo estables e aumentar a cuantía das pensións, sin perxuizo da nacionalización das empresas que xestionan a electricidade, a auga e a telefonía, obrigar de inmediato ao abaratamento dos seu prezos e impedir o corte so servizo a que non poida pagalo, etc...

2º) Todo o anterior, máis outras medidas que poidan desenvolverse, tén que ser claramente esixido e defendido con COHERENCIA e co inequívoco ánimo de OBRIGAR AO AGOBERNO A ACADAR ACORDOS QUE SE CUMPLAN; para iso tamén é impresindible a  CREDIBILIDADE  da equipa de persoas que  REPRESENTEN O ESFORZO MOVILIZADOR DO POBO, e o seu compromiso de informar e rendir contas ante quenes asumimos as consecuencias da loita (perda de salario e outros ingresos por días de folga, despidos, etc.).

3º) A movilización na comarca de  Ferrol debe ser motor para que as organizacións  sindicáis de clase debatan seriamente a convocatoria dunha FOLGA XERAL en todo o estado.

As políticas económicas, laboráis e sociáis que precisamos para combatir o paro e a pobreza, para que se atendan as necesidades do pobo traballador en lugar de seguir as directrices que favorecen os intereses do gran capital nacional e estranxeiro,  SÓ PODEMOS LOGRALAS  SI NOS ENFRENTAMOS A POLITICA XERAL DO GOBERNO CENTRAL E DA XUNTA DE GALIZA E  LLES OBRIGAMOS A TOMAR AS MEDIDAS QUE DEMANDAMOS. Contamos coa forza fomidable que teremos si forxamos  a unidade de clase e a unidade popular, para loitar e para vencer, para rematar  co poder da oligarquía e do seu réximen monárquico.

A PRIORIDADE É CREAR EMPREGO E RECUPERAR E MELLORAR OS DEREITOS LABORÁIS E SOCIÁIS

POLA REPÚBLICA POPULAR E FEDERATIVA, POLO SOCIALISMO!!!

Comité Galego do PCE (m-l)