Imprimir 

Comité Galego do PCE (m-l)

O 10 de Marzo cúmplense 50 anos da brutal represión da policía franquista contra unha manifestación de traballadores dos astaleiros Bazán en Ferrol, matando a dous obreiros Amador Rey e Daniel Niebla-, e causando un centenar de feridos de bala, detencións, condeas a cárcere, exilio, despidos... Aquela movilización, impulsada por cuadros obreiros que se definían comunistas e que puxeron en pé as Comisións Obreiras, tiña por obxectivos facer valer a forza obreira tanto para conquerir importantes melloras na negociación do convenio colectivo, como para deixar claro que non se aturaba máis o réximen franquista e a súa constante represión no laboral, no social e no político. Lamentablemente nunca se esixiron responsabilidades de ningún tipo aos inductores e autores deste crimen. Pero a pesares da política de pacto e de "borrón e conta nova" que imperóu na chamada Transición, en Ferrol e no movimento obreiro galego sempre se mantivo viva a lembranza e a homenaxe aos compañeiros asasinados e a debandita xornada de valente loita obreira. Un momumento inmortaliza eses feitos moi perto do lugar onde Amador e Daniel foron asasinados.

50 anos despois, con numerosos actos de conmemoración realizados ou en marcha, cabe facer unha reflexión sobre o camiño percorrrido polo movimento obreiro no noso país dende entón.

En 1972 as nacentes Comisións Obreiras foron a referencia dunha grande maioría dos e das traballadores/as porque crecía o convencimento de que tíñamos que estar organizados para loitar, con participación asamblearia e facendo da solidariedade unha práctica activa. Así aumentou a conciencia de clase e a capacidade e a forza da loita obreira non só para defender e mellorar as nosas condicións de vida e de traballo senón tamén para esixir profundos cambios sociáis que remataran co poder e a impunidade do capital e do aparello de estado que o sirve, xá fora o dun réximen fascista ou o da "democracia" coronada que o sucedeu.
Os que estaban obrigados a ser herdeiros consecuentes desa práctica de loita e de forza ideolóxica, política e sindical, dende os seus postos de responsabilidade en CCOO veñen dende fai décadas facendo exactamente o contrario: impoñen unha liña de pactismo e colaboración co capital cun claro e inequívoco balanzo negativo para os dereitos dos traballadores. Estes mesmos días comenzan as "negociacións" do titulado "Pacto de Rentas" entre CCOO, UXT, CEOE e Goberno, para acordar un novo retroceso neses dereitos e para asegurar os superbeneficios dos grandes grupos financieiros e empresariáis.

O Comité galego do PCE (m-l) rinde homenaxe aos compañeiros asasinados e a tódolos que loitaron nas fábricas e nas rúas contra a dictadura franquista. Facemos un chamamento para construir a unidade e á loita de clase nos centros de traballo, por enrriba de siglas sindicáis, e tendo como obxectivo a oposición a aceptar calqueira recorte nos nosos dereitos e, pola contra, forzar o debate e á movilización para avanzar na conquista dos que fumos perdendo e de todos os que temos dereito a disfrutar, comenzando polo dereito a un posto de traballo e con salarios dignos. Para esta tarefa precisamos sobre todo organización e firmeza e claridade ideolóxica e polítca; e o Partido auténticamente comunista é a ferramenta fundamental para desenvolvela.

VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!

AMADOR, DANIEL, A LOITA CONTINÚA!

Obreira, obreiro,

Organízate no PCE (M-L)!