Imprimir 

Comité Galego do PCE (m-l)

Total seguimento da folga xeral comarcal convocada o día 17 de Novembro en A Mariña de Lugo, norte da provincia, e onde están situadas as plantas de ALCOA -empresa de aluminio afectada por un proceso fraudulento de peche e deslocalización- e VESTAS, multinacional danesa dedicada ao sector eólico que tamén decidiu o seu peche inminente. Os persoais das empresas esixen que o Estado actúe nestes conflitos e utilice as súas prerrogativas legais para intervir a propiedade e asegurar o reinicio da actividade fabril.

Lamentablemente, e a pesar do recente éxito dos traballadores de ALCOA logrando que o Tribunal Supremo declarase nulo o ERE de despedimentos presentado pola dirección da multinacional, o Comité de Empresa constatou que na última reunión celebrada o día 15 Novembro co Goberno, representado pola ministra Reyes Maroto, e o presidente da Xunta de Galicia (PP), ningunha destas administracións quere concretar as medidas necesarias para esa intervención. A representación dos traballadores  cualificou a actitude do Goberno de "submisión total" aos propietarios de ALCOA, e iso a pesar destes recibiron en todos estes anos cuantiosas axudas públicas sen cumprir os compromisos.

Como comentamos noutras ocasións, que contraste esta negativa para defender os intereses dos traballadores e do pobo mantendo o emprego na industria, coa rapidez coa que desde o actual e anteriores gobernos tómanse medidas na dirección contraria para favorecer ao capital financeiro e as grandes empresas.

A loita na comarca de A Mariña lucense non pode quedar nun mero acto de protesta e de denuncia; debe formar parte dunha plan de mobilización e loita que abarque a todas os sectores, empresas e localidades que padecen unha situación gravísima de destrución de emprego  en todo o Estado; e en Galicia concretamente o sector naval e as comarcas de Ferrol (na o que houbo de novo folga xeral no mes de Marzo pasado) e Vigo, ALU IBÉRICA (ex-Alcoa) en Coruña etc..., sen esquecernos do sector agroalimentario, tamén cada vez máis  asfixiado.

Os sindicatos de clase teñen a obrigación de acordar sen máis dilacións esta coordinación para que  os traballadores, coa nosa forza, podamos arrincar do Goberno, da UE e dos gobernos autonómicos medidas reais para a defensa da industria e que os recursos públicos de dediquen ao investimento produtivo para crear postos de traballo en lugar de ir sobre todo a mans de grupos financeiros e empresariais que precisamente non teñen o emprego como prioridade. Máis de 15.000 persoas así o demandaron na manifestación convocada nesta ocasión na localidade  de Burela, unha da localidades da comarca chamada á folga e eminentemente mariñeira.