205 compañeir@s que van as listas do INEM na Coruña, e 355 en todo o Estado Español, esa é a cifra da inxusta decisión da directiva que coa coartada de mellorar a produción pretende custodiar a súa propia rendibilidade, tras variacións repentinas nos horarios, condicións insalubles no centro de traballo e presións sindicais.

Estes días a Federación RPS vén mostrar toda a súa solidariedade c@s traballador@s, a reafirmar o espírito de loita social e a ofrecer toda a nosa colaboración para frear este ERE, aplicado pola burguesía para salvarse eles mesmos nesta arraigada xa crise do capital.

Para os republicanos estas xornadas conxuntas de acción son moi transcedentais, xa que poñen de manifesto que só a unidade da clase traballadora pode frear as agresións da patronal.

A suposta preocupación de Feijóo, cando o seu goberno destrúe forzas produtivas, e a tímida resposta de Podemos e as súas converxencias poñen de manifesto os grandes límites dun Réxime como o do 78 que afianza a escravitude e os diversos abusos da chamada economía " libre ".

Por iso, para trocar todo sostemos que é un requisito impostergable alzarnos como maioría social no poder e racionar a riqueza que nós mesmos producimos. Reiteramos pois o noso compromiso cunha auténtica UNIDADE POPULAR que teña como meta unha REPÚBLICA DEMOCRÁTICA onde o pleno emprego sexa un principal obxectivo xa que é un ben común.

Compañeir@s, forxemos núcleos de organización política permanente para o contrataque contra este inaceptable modelo. Unifiquemos todas as reclamacións contra un único obxectivo. A vosa loita é tamén a nosa loita!

RPS Galiza