Comité Galego do PCE (m-l)

A precaria situación do sector do metal en Galicia obriga aos traballadores para volver a saír á rúa unha vez máis, esta vez cunha serie de paróns convocados en consenso polos sindicatos da CIG, CCOO, UGT e os traballadores os días 5, 12, 18 e 19 de Maio.

No primeiro día de greve cun respaldo de entre o 80% e o 85% dos 16.000 traballadores do sector metalúrxico da provincia da Coruña, móstrase unha vez máis o necesaria que é a unidade para a clase obreira e dotala á mesma o fin de poder disputarlle dereitos á patronal.

Neste caso, os operarios e operarios da industria galega buscan un convenio xusto que garanta o poder adquisitivo dos salarios e recolla melloras laborais e sociais, ademáis de denunciar a pretensión de establecer un convenio de seis anos nos que se elimine a revisión salarial ligada ao IPC anual e opoñerse á flexibilización da xornada.



Todo isto levan queréndoo conseguir desde o 2019, xa que que debido á pandemia foise pospoñendo as negociacións ata día de hoxe obrigándolles a tomar esta medida de forza de clase.

Desde o Comité Galego do PCE (m- l) queremos mostrar o noso apoio ao sector metalúrxico e facendo fincapé que a única forma de conseguir os avances necesarios para unha vida digna pasa pola unidade de toda a clase obreira, por iso non só chamamos a secundar a folga do sector do metal, senón a concienciar ao resto de sectores para crear unha unidade de clase e así avanzar cara a unha necesaria folga xeral.