Imprimir 

Comité Galego do PCE (m-l)

A folga convocada no sector de fabricación de conservas para este xoves e o venres segue en pé despois do rotundo éxito que tivo a anterior o venres 21 de xaneiro. As centrais sindicais indican que máis do 90% dos traballadores do sector de conservas de peixe secundaron a folga convocada para esixir un convenio digno, sobre todo nas comunidades autónomas de Galicia e Cantabria.

Dende o Comité Galego do PCE (m- l) queremos mostrar o noso apoio ás traballadoras deste sector tan desprezado pola patronal xa que neste cóbrase un 28% menos que nas cárnicas, onde a maioría dos empregados son homes. Na industria do peixe o 60% dos persoais está formada por mulleres.

Sen conformarnos só con esta loita, temos que unir a todos os traballadores contra a burguesía e por iso chamamos á folga non só deste sector senón á importancia de empezar a concienciar á clase obreira que a única forma de ter unha vida digna é acabando co capitalismo, sen medias tintas como coa reforma laboral do autoproclamado goberno máis progresista da historia onde demostran a carencia do goberno para poder liquidar os problemas sociais e económicos que xera este sistema.