pensionistasgalicia

 

Comité Galego do PCE (m-l) y Plataforma Galega pola Terceira República

A clase obreira e as capas populares sufrimos un novo empobrecemento xeral, do que en realidade nunca temos saído porque o capital e a súa crise afondan na destrución e precarización dos empregos, na suba do coste da vida e a perda de poder adquisitivo dos salarios e das pensións, no recorte e privatización dos servizos públicos...O Goberno PSOE-UP aplica no fundamental esas políticas de corte neoliberal, e non cumple o seu compromiso de devolver dereitos laborais e sociais aos traballadores, que imos empeorando as nosas condicións de vida e de traballo sin que tomen medidas reais para evitalo.

Exemplos son o engano da súa "reforma laboral" e a nova reforma do sistema público de pensións, que eliminou a actualización co IPC real e o abono da paga compensatoria pola diferenza; coa Lei 12/2022 que avanza na súa privatización, e vai a aprobar unha nova fórmula de cálculo para baixar a cuantía da pensión de xubilación, cuia edade legal continúa a ser 67 anos. A pesares de todo isto, aínda hai sectores do movimento pensionista que tratan de "amigo" a un Goberno que, coa colaboración das direccións de CCOO e UXT, nos van levando a cada vez mais retrocesos, mentras os cartos públicos que saen dos nosos petos acapáranse polos grandes ricos que apenas pagan impostos mentras esixen "moderación salarial".

A movilización e a loita da maioría social non pode quedar nunha simple protesta que non acada resultados.

A experiencia histórica móstranos que si realmente existe vontade de gañar podemos conquerir unha boa parte das nosas reivindicacións fronte ao Goberno e pararlle os pes ao capital. Precisamos avanzar na unidade de clase nos centros de traballo e na unidade popular en tódolos ámbitos. Pero temos tamén que construir unha alternativa política unitaria que loite por rematar co actual réximen que nos explota e nos somete aos intereses da Oligarquía, dos grandes grupos financieiros e empresariais, da OTAN e das políticas de guerra. Para levar adiante as profundas transformacións que precisamos no campo politico, económico e social, e para liquidar o moito que aínda queda de franquismo, temos que conquistar a República do pobo.

Pola subida de salarios e pensións co IPC real!

Ningunha privatización nos dereitos sociais e nos servizos públicos!!

Non aos gastos militares, OTAN non, báses fora!!

Nacionalización das enerxéticas e doutros sectores!!

Non ao Pacto Social, pola Folga Xeral!!

Pola Terceira República das e dos Traballadores!!!