Pronto vánse a aprobar os Presupostos Xeráis do Estado elaborados polo Goberno do PP, e dirixidos a satisfacer os intereses e os beneficios dos grandes grupos financieiros do estado español e do extranxeiro, seguindo as indicacións do FMI e da UE de  reducir  o "déficit público" e dotar de "estabilidade e crecimiento á economía". O anterior significa simplemente que  mentras se lle entregan inxentes cantidades de diñeiro  público aos grandes capitalistas, a poboación traballadora  -que é ademáis a que paga de verdade os impostos- continuaremos a padecer  as políticas de axustes: conxelación de facto das pensións, reducción do 7% no capítulo adicado a prestacións por desemprego, investimentos insuficintes para ensino e sanidade pública; ausencia dunha auténtica política de creación de emprego industrial e de desenvolvemento da economía productiva etc.

Eso sí, os gastos militares AUMENTAN UN 32%, poñéndose os cartos dos/as traballadores/as ao servizo da política de guerra dos USA e da OTAN...os mesmos cartos que nos dín que no hai para crear postos de traballo  estables, para mellorar as nosas condicións de vida e de formación e cualificación da xuventude, para evitar a emigración forzosa, para combatir o escandoloso fraude fiscal.

Trás aprobar os PXE, é sabido que o Goberno acometerá unha nova "reforma das pensións"  (para empeoralas claro está)  e  ameazan tamén  con novas reformas laboráis. Sin embargo  o conxunto do movimento sindical, político e social de esquerdas non  está  traballando  de xeito unitario para denunciar esa novas agresións do capital,  sin agardar a que as forzas políticas e mediáticas ao servizo  primeiro manipulen á opinión pública coas súas típicas mentiras, para despóis aprobar esas medidas no Parlamento.

A experiencia  dínos que DENDE XÁ É PRECISO QUE O MOVIMENTO OBREIRO, POPULAR E XUVENIL esteamos na rúa informando e organizando a resposta UNITARIA con todo tipo de actos; non pode ocurrir cómo no pasado recente, no que as direccións sindicáis  e a esquerda  que só practica o parlamentarismo para "reformar" o réximen  reaccionan tarde, con resignación e incluso pactan a reducción dos nosos dereitos en lugar de loitar con coherencia e intransixencia para protexelos e melloralos.

Os comunistas facemos un chamamento aos traballadores/as, especialmente aos afiliados/as ás centráis sindicáis de clase,  para que esixan que as súas organizacións comencen a discutir e preparar a movilización unitaria que necesitamos, e que debe contemplar naturalmente a convocatoria dunha FOLGA XERAL CONTRA TODA  A POLITICA  DO GOBERNO E DO CAPITAL.

POLA REPÚBLICA AO SERVIZO DO POBO E O SOCIALISMO.

ÚNETE AOS COMUNISTAS

Comité de Galicia do PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA (MARXISTA-LENINISTA)